ZOAR (quinteto de viento) – ROSALÍA GÓMEZ LASHERAS (piano) 🗓

Lunes, 30 de octubre de 2023
Teatro Principal – 20:30 h.

RICHARD STRAUSS: Till Eulenspiegel, op. 28 (versión de David Carp para piano y quinteto de viento)
POULENC: Sexteto para piano y quinteto de viento (1932)
FARRENC: Sexteto para piano y quinteto de viento en Do menor, op. 40

Zoar (quinteto de vento)
É un conxunto de cámara estable e activo que traballa dende 2009. Medrou á procura dun estilo propio definido pola orixinalidade dos seus proxectos, un fermo compromiso coa nova creación, a colaboración con outros artistas e a realización de proxectos pedagóxicos de calidade con voluntade de achegar a súa actividade a todos os públicos. Entre as colaboracións con outros artistas compre destacar proxectos con Monicreques de Kukas, co escritor Manuel Rivas, ou o beatboxer Carlos Vidal “Lytos” no proxecto Windbox. O interese polo repertorio descoñecido, a recuperación do patrimonio musical esquecido e o compromiso coa nova creación levou ao conxunto a explorar máis aló do repertorio tradicional da música para conxuntos de ventos e a incorporar obras de compositores esquecidos, estreas de obras xa escritas pero nunca interpretadas ou gravadas. Teñen estreadas pezas de compositores como Gabriel Bussi, Juan Durán, José Luis Turina, Patrick van Deurzen así como encargas propias a Xabier Mariño, Óscar Álvarez, Federico Mosquera, Fernando Buide ou Óscar Navarro. Teñen actuado nos principais escearios galegos, participando en acontecementos culturais da importancia como a entrega dos Premios da Cultura Galega, en sucesivas edicións das Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela, no LVI Festival de la Ópera de A Coruña, no ciclo Enclave de Cámara de Ourense, no Ciclo de Outono do Museo de Belas Artes da Coruña, no Ciclo de Concertos Benéficos da Real Academia Galega de Belas Artes e nas tempadas das Sociedades Filarmónicas de Lugo, A Coruña e Vigo. Fóra de Galicia fixeron recitais no Pais Vasco, Cataluña e Portugal. No 2016 foron finalistas aos III Premios “Martín Códax” da Música. En 2016 presentaron o seu primeiro cedé “No vento” con música de Juan Durán publicado por Ouvirmos. Veñen presentar no 2017 unha doble publicación, de cedé e partituras, coa integral da música do compositor betanceiro Carlos López García-Picos.
Zoar está composto por cinco músicos: na frauta, Joan Ibáñez, coprincipal da Sinfónica de Galicia; no óboe, David Villa, principal asistente da Sinfónica de Galicia; no clarinete, Antonio Suárez, profesor do Conservatorio de Culleredo; na trompa, Benjamín Iglesias, profesor do Conservatorio Superior da Coruña; no fagot, Álex Salgueiro, coprincipal da Sinfónica de Galicia.

Rosalía Gómez Lasheras (piano)
Nada en 1994, comeza a súa formación pianística aos 5 anos. Posteriormente, estuda con Alan Weiss no Utrecht Conservatory (Bachelor Degree), e con Claudio Martínez Mehner na Hochschule für Musik Basel (Master Performance e Solistin Diplom). O seu interese polos teclados históricos xorde en Holanda, onde recibe clases de clave de Siebe Henstra, e continúa na Schola Cantorum Basiliensis. Tras gañar o Concurso Young Pianist Foundation de Amsterdam (2013), debutou como solista en salas como o Concertgebouw de Amsterdam, Tivoli Vredenburg de Utrecht, Palau da Música Catalá, Cairo Opera House, Konzerthaus de Dortmund e Herkulessaal de Munich, entre outros escenarios de Europa, Estados Unidos e Oriente Medio. Actúa habitualmente con orquestras como a Noord Nederlands Orkest, Real Filharmonía de Galicia, Sinfónica de Galicia, Nederlands Jonge Orkest, Cairo Symphony Orchestra, Duisburger Philarmoniker, Folkwang Kammerorchester Essen e Basel Symphony Orchestra, entre outras. Colabora regularmente con numerosas formacións camerísticas. O seu dúo co violinista Antonio Viñuales foi galardoado no BOG Duo Competition e o Orpheus Chamber Music Competition. Foi convidada a festivais como o Delft Chamber Music Festival, Storioni Festival, Shiermonnikoog Chamber Music Festival, Clásicos de Verán, Beflügelt Festival, Musikdorf Ernen, Swiss Chamber Music Festival e Wissembourg Chamber Music Festival, entre outros. Rosalía conta cunha ampla experiencia no ámbito da Interpretación Historicamente Informada. Está vinculada aos centros de pianos históricos Fondation Royaumont e A Nouvelle Athénes e participou en ciclos de música antiga como o Utrecht Early Music Festival Fringe, Espazos Sonoros, Musica Antica dá Camera, Jagthuis Fortepiano Weekend, Festival Radovljica, entre outros. En 2015, o xornal El Correo Gallego outorgoulle o título Galega do Ano.

2023-2024 Temporadas
Back to top