SARA RUIZ (viola da gamba) 🗓
Lunes 16 de marzo de 2026
Teatro Principal – 20:30 h.
TELEMANN: Fantasias para viola da gamba
Presentación en Pontevedra del CD de Sara Ruiz “Fantasies pour la basse de violle de Georg Philipp Telemann”. Primera grabación en España de estas obras de Telemann desaparecidas durante más de 300 años.
Sara Ruiz (viola da gamba)
Nada en 1977 en Madrid, cidade onde comezou os estudos de viola da gamba con Itziar Atutxa e Pere Ros antes de trasladarse a Sevilla e obter o título superior con Ventura Rico. Rematou coas máximas cualificacións
un post-grao con Lorenz Duftschmid na Musikhochschule de Trossingen (Alemaña) e entre 2004 e 2008 estudou con Vittorio Ghielmi en Lugano (Suíza). Ademais estudou música de cámara co laudista Rolf Lislevand e realizou cursos de perfeccionamento con Jordi Savall, Philippe Pierrot e Christophe Coin.
Colabora con ensembles da categoría de Ámsterdam Baroque Orquestra, Armonico Tributo Austria, Al Ayre Español, La Grande Chapelle, Neue Inssbrucker Hofkapelle, La Reverencia, La Tempestad, Consort de Violas da Gamba da Universidade de Salamanca, Orquestra Barroca de Sevilla, etc. Interpretou como solista o Concerto para frauta de pico e viola da gamba de Telemann xunto á prestixiosa orquestra La Cetra Barockorquester Basel. En 2006 gañou o terceiro premio e o premio especial á mellor interpretación da música de Carl Fiedrich Abel no Concurso Internacional de Viola da Gamba “Bach-Abel” celebrado en Köthen (Alemaña) e cun xurado formado polos prestixiosos gambistas Wieland Kuijken, Paolo Pandolfo e Marianne Müller.
O seu primeiro disco como solista, La voix de la viole, gravado co seu ensemble La Bellemont e dedicado á
música de Marin Marais, foi galardoado con 5 Diapasóns na revista francesa Diapason. En proceso de montaxe
están os seus próximos rexistros dedicados ás suites para viola da gamba de François Couperin e ás fantasías
de Telemann. O seu ensemble La Bellemont foi nomeado como mellor grupo barroco nos premios GEMA e o seu disco Plaisir sacré dedicado aos petit motets de Couperin foi nomeado aos prestixiosos premios ICMA (Internacional Classical Music Awards) na categoría de barroco vocal.
Foi profesora nos conservatorios superiores de Sevilla e Salamanca e na actualidade ensina viola da gamba no Conservatorio Superior de Música de Vigo, labor que compaxina cunha intensa actividade concertística. Foi
profesora no Curso de Música Antiga de Galaroza, no Primeiro Encontro Ibérico de Viola da Gamba de Porto
(Portugal) e no Forum Alte Musik de Sankt Gerold (Austria) e impartiu clases maxistrais en Wroclaw (Polonia),
Vicenza (Italia) e Salzburgo (Austria). Forma parte do consorcio europeo Violanet, un proxecto para o desenvolvemento da viola da gamba xunto a Vittorio Ghielmi, Mieneke van der Velden, Marianne Muller e Bettinna Hoffmann e os conservatorios de Salzburgo, A Haia, Lyon, Florencia e Vigo. Sara Ruiz toca unha viola da gamba orixinal austríaca de principios do século XVIII.
