Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 🗓

Medidas Fotos Web.RFG

Viernes 7 noviembre de 2025
Auditorio Sede Afundación Pontevedra – 20:30 h.

Directora: Ruth Reinhardt

NÚRIA GIMÉNEZ-COMAS: Cometa (obra de encargo). Estreno absoluto
HUBERT PARRY: Elegía para Brahms
DETLEV GLANERT: Idyllium
BRAHMS: Serenata nº 2 en La mayor, op. 16

Recogida de entradas socios: Días 5 y 6 de noviembre en el local de la Sociedad Filarmónica (Rúa Tetuán, bajo Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., o el mismo día del concierto en el vestíbulo del Auditorio de Afundación a partir de las 19,00 h.

Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia créase no ano 1996 en Santiago de Compostela, e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia, na cidade de Santiago de Compostela. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Baldur Brönnimann é, desde xaneiro de 2023, o seu director titular e artístico; Maximino Zumalave o seu director asociado, Joana Carneiro a principal directora invitada, e Sebastian Zinca é o Director Asistente durante o ano 2024, no que traballa en estreita colaboración co Director Titular Baldur Brönnimann. Coa orquestra colaboran os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas de todo o mundo. A RFG está comprometida en achegar a música clásica a todo o territorio galego, aos públicos máis novos e destaca, ademais, o seu compromiso co patrimonio musical galego. Xestionada polo Consorcio de Santiago, a RFG está financiada pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago. Ten realizado xiras e concertos en escenarios de Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina, Cuba e Portugal, país co que mantén unha estreita colaboración. A RFG amosa un especial interese pola obra de autores noveis, en particular de compositores galegos. A súa discografía consta de máis de doce cedés, dedicados a Maurice Ravel, Manuel de Falla, Frederic Mompou, Antón García Abril, Franz Schubert ou José Arriola.

Ruth Reinhart (directora)
A partir da actual tempada, Ruth Reinhardt é a nova directora musical da Filarmónica de Rhode Island. Na 2024-2025, Reinhardt dirixiu a varias orquestras en Europa e América do Norte; en Asia, á Filarmónica de Seúl e a Filarmónica de Hong Kong; e en América do Sur á Orquestra Sinfónica do Estado de São Paulo. Comezou a tempada no Festival de Lucerna dirixindo un programa dedicado á celebración do centenario de Pierre Boulez coa Orquestra Contemporánea do Festival de Lucerna. Debutou coas Orquestras Sinfónicas de Bamberg, Núremberg, Beethovenhalle en Bonn, e a Filarmónica da Radio dos Países Baixos, xunto a regresos coa RSB de Berlín, a Filarmónica de Estocolmo e a de Malmö en Suecia. En Estados Unidos, Reinhard dirixiu á Filarmónica de Rhode Island, Sinfónicas de San Luís e Charlotte, e volveu dirixir ás orquestras sinfónicas de Milwaukee e San Diego.
Programáticamente, os intereses de Reinhardt levárona cara a unha exploración profunda do repertorio contemporáneo, liderando o mundo sinfónico e orquestral cara ao século XXI. Fortemente centrada en compositores europeos, con énfase significativa en compositoras da segunda metade do século XX e principios do século XXI. Entre os nomes cuxas obras aparecen a miúdo nos seus programas están Grazyna Bacewicz, Kaija Saariaho, Lotta Wennäkoski, Daniel Bjarnason, Dai Fujikura e Thomas Adès. A programación paralela pode ser complementaria ou contrastante, desde os clásicos modernos como Lutoslawski, Bartok, Stravinsky e Hindemith, ou compositores centrais do canon sinfónico, por exemplo, Brahms, Rachmaninov ou Dvorak. Nas últimas tempadas, Ruth Reinhardt ofreceu unha importante serie de concertos en América do Norte coa Filarmónica de Nova York, a Orquestra de Cleveland e as orquestras sinfónicas de San Francisco, Detroit, Houston, Baltimore, Milwaukee e Seattle. En Europa ofreceu actuacións coa Orquestra Nacional de Francia, a Sinfónica da Radio de Frankfurt, a Orquestra Tonkünstler, a Filarmónica Real de Estocolmo e a Orquestra Sinfónica da Radio de Berlín (RSB), entre outras.
Nada en Saarbrücken, Alemaña, no seo dunha familia de médicos, a Reinhardt atraeulle a música desde moi nova. Estudou violín e composición. Os seus estudos levárona primeiro á Zürcher Hochschule der Künste, onde estudou violín con Rudolf Koelman e dirección con Constantin Trinks e Johannes Schlaefli, e continuou na Juilliard School of Music na clase de dirección con Alan Gilbert e James Ross. Tras graduarse, uniuse á Sinfónica de Dallas durante dúas tempadas, como directora asistente de Jaap van Zweden, e simultaneamente foi bolseira da Filarmónica de Los Ángeles e directora asistente da Academia do Festival de Lucerna, xunto cos codirectores artísticos Wolfgang Rihm e Matthias Pintscher. Recibiu bolsas para colaborar coa Sinfónica de Seattle (2015-2016), co Tanglewood Music Center (2015), e como asociada de dirección de Taki Concordia (2015-2017). Ruth Reinhardt reside actualmente en Suíza.

 

Programado 2025-2026 Temporadas
Back to top