REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 🗓

Viernes 25 de abril de 2025
Auditorio Sede Afundación Pontevedra – 20:30 h.

Directora: Jessica Cottis

RAQUEL GARCÍA-TOMÁS: Blind Contours nº 2
BRETT DEAN: Testament
BEETHOVEN: Sinfonía nº 7 en La mayor, op. 92

Recogida de entradas socios: Días 23 y 24 de abril en el local de la Sociedad Filarmónica (Rúa Tetuán, bajo Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., o el mismo día del concierto en el vestíbulo del Auditorio de Afundación a partir de las 19,00 h.

Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia créase no ano 1996 en Santiago de Compostela, e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia, na cidade de Santiago de Compostela. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Baldur Brönnimann é, desde xaneiro de 2023, o seu director titular e artístico; Maximino Zumalave o seu director asociado, Joana Carneiro a principal directora invitada, e Sebastian Zinca é o Director Asistente durante o ano 2024, no que traballa en estreita colaboración co Director Titular Baldur Brönnimann. Coa orquestra colaboran os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas de todo o mundo.
A RFG está comprometida en achegar a música clásica a todo o territorio galego, aos públicos máis novos e destaca, ademais, o seu compromiso co patrimonio musical galego. Xestionada polo Consorcio de Santiago, a RFG está financiada pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago. Ten realizado xiras e concertos en escenarios de Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina, Cuba e Portugal, país co que mantén unha estreita colaboración. A RFG amosa un especial interese pola obra de autores noveis, en particular de compositores galegos. A súa discografía consta de máis de doce cedés, dedicados a Maurice Ravel, Manuel de Falla, Frederic Mompou, Antón García Abril, Franz Schubert ou José Arriola.

Jessica Cottis (Directora)
Durante o inicio da súa carreira profesional, Jessica Cottis foi asistente de dirección de Vladimir Ashkenazy na Orquestra Sinfónica de Sidney. Dende entón, as súas actuacións teñen recibido eloxios constantes na prensa internacional. Recentemente foi nomeada por The Times como “Classical face to watch”. O seu estilo dinámico, o seu elevado intelecto musical e o seu liderado inspirador téñena levado como directora convidada de orquestras como a Sinfónica de Londres, Filharmónica de Los Ángeles, Sinfónica de Houston, Filharmónica de Londres, Real Orquestra Filharmónica, Sinfónica da BBC, BBC Concert Orchestra, Orquestra da BBC de Gales, London Sinfonietta, Sinfónica de Gävle, Sinfónica de Malmö, Real Filharmónica de Liverpool, Sinfónica de Singapur, Orquestra de Cámara Inglesa e Sinfónica de Oulu, entre outras, así como numerosas invitacións aos prestixiosos BBC Proms.
Tralo éxito do seu debut no Royal Opera House en 2017, dirixindo a estrea de Mamzer de Na’ama Zisser, foi inmediatamente convidada de novo para realizar a estrea mundial de The Monstrous Child de Gavin Higgins, que, segundo resaltou o Financial Times, foi “sorprendentemente traído á vida pola Orquestra Aurora dirixida por Jessica Cottis”. Jessica Cottis traballa amplamente como defensora da música clásica.

2024-2025 Temporadas
Back to top