REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 🗓

Viernes, 28 de abril de 2023
Auditorio Sede Afundación Pontevedra – 20:30 h.

Directora: Nil Venditti

Programa por confirmar

Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia inicia o seu camiño en Santiago de Compostela en 1996. Paul Daniel é, dende 2013, o seu director titular e artístico, posto no que o precederon Helmuth Rilling e Antoni Ros Marbà. Está formada por cincuenta músicos de dezasete nacionalidades diferentes. Con sede no Auditorio de Galicia e xestionada polo Consorcio de Santiago, mantén unha temporada de abono estable. Ao longo da súa traxectoria acompañárona os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas do mundo. Ten realizado xiras e concertos en escenarios de Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina, Cuba e Portugal, país co que mantén unha estreita colaboración. Comprometida co territorio ao que presta servizo, actúa asiduamente por toda Galicia.
A RFG amosa un especial interese pola obra de autores noveis, en particular de compositores galegos. A súa discografía consta de máis de doce cedés, dedicados a Maurice Ravel, Manuel de Falla, Frederic Mompou, Antón García Abril, Franz Schubert ou José Arriola.
A Real Filharmonía de Galicia traballa no achegamento a novos públicos, a través de propostas didácticas, familiares e programas especiais; promovendo ademais a realización de concertos en espazos abertos. A orquestra forma un proxecto conxunto coa Escola de Altos Estudos Musicais, coa que colabora para ofrecer unha formación altamente especializada en práctica orquestral a xoves intérpretes.

Nil Venditti (directora)
A directora ítalo-turca Nil Venditti colaborou recentemente con formacións como a Orquestra della Toscana- da que é directora invitada principal-, a Orquestra Filarmónica dos Países Baixos e o Ancyra Ensemble de Ankara. Ao longo da tempada 2020/21, debutou con gran éxito de crítica e público coa Orchestre National du Capitole de Toulouse, Orchestre National de Metz, Pierre Lemanic Modern Ensemble, Stuttgarter Kammerorchester, Orchestra dell’Area dei Verona e Irish National Opera. Notable foi o seu debut coa Camerata Salzburg en novembro de 2019, dirixindo obras do compositor e pianista Fazil Say, quen se converteu nun gran apoio de Nil Venditti desde que traballaron xuntos por primeira vez en febreiro de 2018.
Na tempada 2021/22, dirixiu á Orchestre National du Capitole de Toulouse, así como a Ópera Nacional de Irlanda. Fixo o seu debut, tanto operístico como sinfónico, coa Orchestre National Bordeaux Aquitane, e dirixiu por primeira vez á Royal Liverpool Philharmonic Orchestra, Orquestra Filarmónica de Bruxelas, Luzerner Sinfonieorchester, Orchestre National de Lille, Orquestra Haydn dei Bolzano e Trento, Opera North Orchestra e I Musici de Montréal.
Cunha forte afinidade polo repertorio clásico central de Haydn, Mozart e Beethoven, tamén está a expandir o seu repertorio ao campo operístico, dirixindo xa óperas como Così fan tutte, Lle nozze dei Figaro e Die Zauberflöte, de Mozart; The Lighthouse (O faro), de Peter Maxwell- Davies; Nabucco, de Verdi; Carmen, de Bizet; e Prima la musica poi le parole, de Salieri. En 2022 dirixiu en Burdeos L’elisir d’amore, de Donizetti; e Tosca de Puccini.

2022-2023 Temporadas
Back to top