ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO 🗓
Jueves 23 octubre de 2025
Auditorio Pazo da Cultura de Pontevedra – 20:30 h.
Director: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Solista: Severino Ortiz Rey (piano)
BEETHOVEN: Concierto para piano y orquesta nº 3 en Do menor, op. 37
BEETHOVEN: Sinfonía nº 5 en Do menor, op. 67
Nota: Para este concierto los socios accederán al Auditorio con el carné de la temporada. No hace falta retirar entrada.
Orquesta Clásica de Vigo
Decana de Galicia, naceu en 1984 da man do seu director titular e artístico Manuel Martínez Álvarez-Nava, configurando un proxecto que ofrece a súa programación anual na cidade de Vigo. Nos 40 anos de historia da entidade, as obras interpretadas superan as 500, sendo isto un exemplo de aposta pola diversidade na música. Nos últimos anos realizou propostas de danza, cinema en directo, bandas sonoras, músicas actuais e obras consagradas. Trátase dunha formación que apoia a innovación, os novos formatos e o traballo entre disciplinas, espazos e estilos. Polos seus atrís pasaron máis de 650 instrumentistas de toda Galicia e do Norte de Portugal, con máis de 140 solistas. A Orquesta Clásica de Vigo non entende de estilos ou etiquetas na súa programación, que se acolle como unha oportunidade para explorar a riqueza do patrimonio musical e atraer a públicos distintos aos da música clásica tradicional.
Manuel Martínez Álvarez-Nava (Director titular e artístico)
Nacido en Oviedo en 1957. Discípulo do mestre Alfonso Ordieres Rivero, estuda violín e viola no Conservatorio Superior de Asturias. Posteriormente amplía os seus estudos de viola con Enrique Santiago. Estuda dirección de orquestra co mestre Jacques Bodmer, discípulo do lexendario mestre Hermann Scherchen. Foi profesor violista da Orquesta Sinfónica de Asturias “Angel-Muñiz Toca” entre 1977 e 1983. Fundador, solista e concertino da Orquesta Universitaria de Oviedo, da que también foi director adxunto. De 1983 a 2023 foi catedrático de violín no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Recentemente foi director convidado en cidades como L’Aquila, Porto, Viana do Castelo, Trento ou Hamburgo. É o director titular da Orquesta Clásica de Vigo dende a súa creación en 1984.
Severino Ortiz Rey (piano)
Realiza os seus estudos con So Young Moon e Vladimira Smausova obtendo a Primeira Mención de Honor de Piano no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Perfecciónase na Academia Superior de Música e Artes Escénicas de Praga (Rep. Checa) durante os anos 1998-2000 con Frantisek Malý e no Conservatorio de Música de Centro-Finlandia (2000-2001) con Oleg Mantur. Interpretou como solista os Concertos nº 3 e 5 de Beethoven coa orquestra Vigo 430 (maio 2009, abril 2016), o Concerto nº1 de Liszt (decembro 2011) coa Orquesta Clásica de Vigo e o Concerto nº1 de Chopin coa Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra (marzo 2012). No verán de 2009 e co motivo do Bicentenario do Grito Libertario, realizou unha xira de concertos en Bolivia co tenor José Antonio Campo Edesa, co cal colabora regularmente dende o ano 2003. En xaneiro de 2011, co motivo da celebración do ano Liszt, o dúo Campo-Ortiz foi invitado polas embaixadas de España e Hungría para realizar un concerto en Ljubljana (Eslovenia). Foi profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música de Lugo (2001- 2004). Impartiu clases, a través do programa Erasmus, nos conservatorios de Parma, Verona, Estambul, Bari, Vilnius, Belgrado e Lecce. Actualmente, e dende o ano 2004, é pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
