CORO VOX STELLAE 🗓

Miércoles 16 de octubre 2019 – Teatro Principal, 20:30 h.

IN FESTO SANCTI JACOBI: músicas xacobeas

DUM PATER FAMILIAS – Códice Calixtino (s. XII)
DEFENSOR ALME HISPANIAE – Estevao de Brito (1570-1641)
O BEATE JACOBE – Alonso de Tejeda (1540-1628)
APOSTOLE CHRISTI JACOBE – Cristóbal de Morales (1500-53)
KYRIE (Misa Defensor alme) – Matías G. Benayas (+1737)
POTESTIS BIBERE – Matías G. Benayas (+1737)
O BEATE JACOBE – Marcos Mato (1989) (Estrea absoluta)
O PELEGRÍN AFORCADO. Por dereito ten a Virgen CSM175 (s. XIII)
OS PELEGRÍNS CEGOS. Como sofre mui gran coita CSM278 (s. XIII)
MIHI AUTEM – Marcin Leopolita (+1589)
SANCTUS (Misa Defensor alme) – Matías G. Benayas (+1737)
AGNUS DEI (Misa Defensor alme) – Matías G. Benayas (+1737)
HYMNUS CANORIS PERSONET – Giovanni P. da Palestrina (1525-94)
SANTA MARÍA DE LUGO. Da que Deus mamou o leite do seu peito CSM77 (s. XIII)
MISIT HERODES – Jacob Handl (1550-1591)
O LUX ET DECUS HISPANIAE – Tomás L. de Victoria (1548-1611)
AD HONOREM – Códice Calixtino (s.XII)

Vox Stellae nace en 2003 con motivo dunha conferencia do musicólogo José López Calo sobre a música na Catedral de Santiago. Un dos seus sinais de identidade é a difusión da música galega, tanto a dos arquivos das catedrais como a creación contemporánea e a música popular.
Ofrece concertos regularmente por toda a xeografía galega, participou en actos institucionais e interpretou o seu programa didáctico O rodaballo con botas ante máis de 2000 escolares. Ten actuado en diversas tempadas de abono e festivais: Vía Stellae, Espazos Sonoros, De lugares e Órganos, Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela, Semana de Música de La Laguna, Outono dos sentidos na Ribeira Sacra, Festival Internacional Provincia de Palencia, Ciclo de Música Sacra de Castilla y León, Jornadas Jacobeas Internacionales, Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera e Festival Internacional de Música Relixiosa de Guimaraes, entre outros.
Vox Stellae colabora con agrupacións e solistas como a Orquesta de Cámara de Tenerife, Orquestra de Cámara Galega, Finis Terrae Brass, Os Menestreis de 1500, Taller Atlántico Contemporáneo, Cristina Pato, Joaquín Barreira, Manuel Vilas, Beatriz Díaz, Belén Elvira, Juan Antonio Álvarez Parejo, Juan Manuel Varela, Fernando Buíde, Uxía Senlle, Joao Afonso ou o dramaturgo Maximino Queizán.
Entre o seu amplo repertorio destacan a estrea absoluta de Tres Imaxes de Compostela (M. Mato), a estrea en España da Misa en Sol a Santiago de Compostela (A. Tucapsky), as reestreas da Misa en Do M (Frei R. Salvado) e a Missa Voce Mea (C. de Medrano) ou a estrea en Galicia de Rothko Chapel (M. Feldman). Dentro do proxecto de recuperación do patrimonio musical da Catedral de Tui, editou dous discos con música de Matías García Benayas (+1737) e outros autores do arquivo tudense: Defensor alme Hispaniae (2013), que recibiu o Melómano de Ouro (outubro 2015) e Salvete Flores (2016).

Luís Martínez (director).
Nacido en Vigo, estudou Piano e Linguaxe Musical nos conservatorios de Santiago e Vigo. É Mestre especialista en Educación Musical e Licenciado en Pedagoxía pola USC.
Asistiu a aulas de perfeccionamento en diferentes ámbitos da análise e interpretación musical con mestres da talla de Miro Moreira, Dominique Velard, Pier Paolo Scattolin, Daniel Vega, Owen Reese, Peter Philips, Artur Carneiro, Constantin Alex, Bernd Valentin, Tu Shi Chiao, J. Carlos Rodilla, J. López Calo, Carmen Cruz ou Mercedes Padilla.
É membro do Orfeón Terra a Nosa e a Capela da Catedral de Santiago, agrupacións coas que participou como solista en múltiples concertos e rexistros discográficos. Colabora con agrupacións como Capela Compostelana, Capilla de Extravagantes, Capela Lauda Sion, Grupo Siglo XX ou Hércules Brass. Como actor e recitador interpretou a Historia do Soldado (I. Stravinsky) e participou na estrea absoluta de Enigmas de la temporalidad (J. Vara) coa Real Filharmonía de Galicia. No eido da musicoloxía, colabora con Joám Trillo na edición da música do arquivo da Catedral de Tui.

2019-2020 Temporadas
Back to top